Convivir coas doenzas crónicas

Convivir coas doenzas crónicas

08 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

400 socios ten a Asociación de Loita contra as Enfermedades Renais na provincia da Coruña. Contan con 3 traballadoras a tempo completo e 1 a media xornada para desenvolver múltiples programas de apoio e axuda a persoas que padecen doenzas crónicas como as renais, do corazón, fibromialxia ou lupus.

O programa “Bule con Alcer” busca fomentar a actividade física entre as persoas con enfermedades crónicas e nos seus familiares. Co proxecto “Salvavidas” buscan extender a doazón de organos para facilitar os transplantes. Teñen tamén un servicio de información social, porque as enfermedades crónicas chegan a miudo acompañadas de problemas psicolóxicos. Artellan asimesmo a iniciativa “Doar palabras”. Cunhas bibliotecas nos centros hospitalarios pretenden facer maís levadeiras as catro horas que deben pasar conectados á unha máquina en dias alternos os enfermos do ril. segundo explicou o presidente de ALCER Coruña, o ferrolán Rafael Rodriguez. Alcer recibiu no pasado mes de setembro o cuarto premio solidario do Concello de Ferrol. A súa dotación económica aliviou a situación da entidade, tamén afectada pola crise.

Sociedade