Convocadas novas prazas para participar en campos de traballo durante o verán

Convocadas novas prazas para participar en campos de traballo durante o verán

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Casa da Mocidade de Allariz vén de facer pública a convocatoria de novas prazas en campos de traballo internacionais para mozos e mozas. Neles poderán realizar actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a tolerancia ou a solidariedade entre a xente nova a través da participación desinteresada e voluntaria neste proxecto.

Haberá campos de traballo en toda Galicia, noutras comunidades autónomas e tamén no extranxeiro, co se poderán establecer relacións entre mozos e mozas de diversas procedencias e culturas.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden acudir á Casa da Mocidade de Allariz ou pórse en contacto con ela a través do teléfono 988 680434 ou do correo electrónico mocidade@allariz.com.

Sociedade