As corais estrean novas cancións polas Letras Galegas

As corais estrean novas cancións polas Letras Galegas

08 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cando se aproxima a celebración das Letras Galegas, as corais polifónicas viven se cabe un maior axetreo que no resto do ano. É este tempo de letras e de cancións. Nos repertorios apóstase pola musica galega. É o caso da Coral do CPS de San Valentín-Fene-que nas inmediatas actuacións deste mes de maio incluen cancións galegas e mesmo estrean tema novo, " Festa no Torreiro”, segundo nos conta o responsable da Coral de San Valent&

O próximo venres dia 11 a coral do CPS actua no local veciñal de Magalofes, nos actos das Letras Galegas, xunto á Rondalla estrelecer do CMI Unidade de Fene. O dia 12 no Centro de Suboficiais no Montón; o 17 de maio en Burela e o dia 18 de maio cantan na casa, no colexio A Xunqueira de San Valentín nos actos organizados polo CPS do barrio.

Sociedade