Coro Piñeiro recibiu aos maiores de Fene

Coro Piñeiro recibiu aos maiores de Fene

11 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os representantes dos usuarios-as do Centro Sociocomunitario de Fene, acompañados polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Asuntos sociais, Xoana Barro, reuníronse coa Secretaria Xeral de Traballo e Benestar, para demandarlle a permanencia da Traballadora Social no centro da Torre.  Coro Piñeiro contestoulles que non é fácil dar marcha atrás á supresión desa praza, sobretodo tendo en conta que a traballadora social é interi

Dito isto, a Secretaria Xeral manifestou que ella non ten competencias para solucionar ese problema e remitíunos ao Xefe territorial da Consellería, Manuel Morán. O alcalde xestionará esa xuntanza con quen no seu día solucionou o problema da reforma da cociña do centro sociocomunitario fenés.
Tras escoitar as explicacións dos usuarios sobre o importante labor da traballadora social, Coro Piñeiro, propuxolles unha posible alternativa; que fose unha das traballadoras sociais do concello de Fene a que atendese as necesidades do centro. Quedamos pois pendentes da nova reunión con Manuel Morán, mentras popidemos saber que a cociña e cafetería do centro sociocomunitario podería comezar a funcionar esta mesma semana.

A empresa adxudicataria da sua xestión ten todolos trámites listos e unicamente queda o visto e prace do departamento de Intervención para abrir por fín. Os usuarios-as non descartan facer coincidir a clausura dos campionatos de tute e dominó que se iniciaron no peche, coa inauguración das  instalacións.

Sociedade