A Corporación de Fene apoia á cooperativa Vieiro

A Corporación de Fene apoia á cooperativa Vieiro

04 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Corporación de Fene apoia por unanimidade os socios e socias da cooperativa Vieiro, de San Valentín. Onte máis de duas centas persoas secundaron a marcha entre o barrio e a Casa do Concello, co propio alcalde á cabeza e coa presenza de toda a corporación. Xa no pleno, a moción conxunta rexeitando as sancións impostas pola Xunta de Galicia, solicitando unha nova reunión coa Dirección xeral de Transporte e tentando mobilizar a toda a sociedade d

A aprobación foi aplaudida polos veciños e veciñas que enchían o salón de plenos. O alcalde, Iván Puentes, asegurou ter a sensación de que a Xunta ten adoptado unha postura de apoio á multinacional Arriva. Para o rexedor, aínda que se trata dunha loita dun pequeño contra un xigante, segundo as súas propias palabras, hai que intentalo polo menos e traballar unidos para poder conseguilo. Tamén o concelleiro de Esquerda Unida insistiu na importancia de seguir loitando para conseguir que o Vieiro poida volver a funcionar. Ao final do pleno, varios socios da cooperativa pediron a palabra para agradecer o apoio da corporación. Un deles, que afirmou ser o socio número un de Vieiro, insistiu na importancia do servizo e solicitou o apoio de toda a sociedade de Fene.

Sociedade