A corrida do galo don Esmeraldino

A corrida do galo don Esmeraldino
09 de Febreiro, 2024 - 10:41 h. | Publicada por Radio Fene

O galo don Esmeraldino preséntase en sociedade. Sairá da Loira en Barallobre o sábado ás 16,15 horas e chegará ao campo da festa de Perlío arredor das cinco da tarde. Alí recibiranno integrantes da comparsa A Santa Compaña de Radio Fene e do laboratorio Laudas Calamity. Van disfrazados de raposos e galiñas.

Deseño: Carlos Sardiña

Don Esmeraldino era un seductor recoñecido en Braga en Portugal. Era o home máis fermoso do seu tempo e espertaba grandes amores. Pero como sucede con esta clase de machiños, non evitaba fachendear publicamente das presas gañadas, para regocixo de toda a cidade que lle era cómplice. Para non perder a conta das fazañas, mandou clavar na porta do seu pazo un ferro brizado e colgou dil unha pequena táboa de caoba na que ía marcando os triunfos de Venus, facendo elmesmo cunha navalliña o sinal dun aspa. Tantas aspas labrou Esmeraldino que foi distinguido nunha homenaxe como o galo de Portugal. Unha distinción que inmediatamente se convertiu en amarga burla sen remisión, ao producirse unha milagrosa metamorfose de humano a galo. O cambio cortou radicalmente a festa de exaltación do machiño. Conta a historia Alvaro Cunqueiro no seu libro Merlín e familia.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora