A corrida do oso de Salcedo, un Antroido popular

A corrida do oso de Salcedo, un Antroido popular

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Un cento de participantes no Congreso sobre o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos asistirán esta tarde a Salcedo, para compartir e participar na corrida do Oso, esa persoaxe enmascarada que esta tarde percorre as rúas do lugar, esborrallando de cinza a cara de veciños e visitantes. As Xornadas de primavera clausúranse ás oito desta tarde na Pobra de Brollón.

O programa do Congreso deste luns é o seguinte:

 

Día 23 de febreiro, luns de Entroido
(dedicado ao Entroido de Salcedo-A Pobra de Brollón)

09,30 h.: conferencia Simboloxía do Oso nas culturas europeas, a cargo do mestre e estudoso das festas populares, D. Yvon Dupouy.
Simboloxía do Oso na cultura catalano-francesa a cargo do etnógrafo D. Robert Bosch .
11,00 h.: descanso
11,15 h.: O Entroido salcedao: Oso, teatro e morrión, a cargo de D. Felipe Castro López, Axente facultativo medio ambiental.
12,00 h.: As orixes do teatro popular e a súa relación co Entroido, conferencia do antropólogo, D. Xosé Manuel González Reboredo.
13,00 h.: proxeccións comentadas sobre o Entroido e Oso de Salcedo.
14,15 h.: xantar (libre).
16,00 h.: saída en autobús para Salcedo.
17,00 h.: participación no Entroido do Oso.
19,30 h.: saída de Salcedo para A Pobra do Brollón.
20,00 h.: mesa redonda cos conferenciantes e membros da AA.VV. de Salcedo e LugoPatrimonio para conclusión do Congreso (1ª parte) sobre medidas prácticas para a consolidación dos Entroido estudados.
21,00 h.: clausura oficial.

Sociedade