Cortegoso gaña o Premio Pérez Parallé de Poesía

Cortegoso gaña o Premio Pérez Parallé de Poesía

11 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un escritor pontevedrés, Francisco Cortegoso, alzouse co XXVI Premio Pérez Parallé de poesía cunha obra que titulou “Memorial & danza”. O xurado reunido onte á mañá en San Paio, afirma que "descubriron unha voz singular".

O CMI Unidade e o concello de Fene entregaránlle o premio consistente en 600€ en metálico e a publicación do poemario na editorial Espiral Maior, o vindeiro sabado dia 16 de novembro. Os actos de celebración do Premio Xosémaría Pérez Parallé comezan xa o venres coa estrea do grupo teatral que leva o nome do poeta do Penedo, da obra, “Qué facemos coa herdanza” dirixidos por Carlos Basoa. O sabado, trala entrega do premio, cantan no CMI, Carmen Romero e Francisco Pérez Porto, así como a Rondalla Estrelecer.

Sociedade