A coruñesa Jane Joyd no Torrente Ballester

A coruñesa Jane Joyd no Torrente Ballester

24 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Capela do Centro Torrente Ballester acollerá este xoves a última actuación do ciclo Novas Noites, posto en marcha polo Concello de Ferrol para ofrecer aos ferroláns e ferrolás músicas alternativas -aquelas que non forman parte dos circuítos comerciais- todos os xoves ás 22.00 horas. Nesta ocasión actuará a cantante coruñesa Elba Fernández, coñecida co nome artístico de Jane Joyd, que ofr

A artista coruñesa impúxose na final do Proxecto Demo, o concurso de maquetas organizado por Radio 3 e o FIB en todo o estado, superando aos outros dous finalistas: os zamoranos Little Boca e os madrileños Cosmen Adelaida. A final tivo lugar nun dos platós da TVE en Madrid. Despois de que o xurado emitira o veredicto, tiña xa o seu primeiro compromiso musical como gañadora: se-la teloneira de Dorian e Souvenir na sala Rock Kitchen da capital nunha das festas promocionais do festival castellonense.

Jane Joyd móvese en terreos próximos ó folk americano, tomando como referencias do xénero a artistas como Bon Iver, Iron & Wine ou mesmo PJ Harvey. Definida por algúns como unha das grandes promesas da música galega, na súa corta trayectoria demostrou un potencial abrumador que xa a levou a actuar xunto a outros artistas como Matt Elliott, Greg Dulli, James Yuill e Basia Bulat. En verán do 2010 gravou un EP en Abrigueiro Estudios, producido por Arturo Vaquero.

Para asistir ao concerto será necesario adquirir a entrada no Punto de Información Cultural (PIC) do Teatro Jofre no horario de atención ao público (de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00) ou o mesmo día do concerto no propio Centro Torrente Ballester. O prezo é de 5 euros, se ben é posible mercar un bono para cinco funcións, reducíndose a entrada ata os 3 euros por actuación.

Sociedade