A costa de xaneiro do Racing de Ferrol

A costa de xaneiro do Racing de Ferrol

22 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A costa de xaneiro preséntase dificil para o Racing xa que despois de Palencia (4º clasificado) deberá visitar á Ponferradina (2º) e ao Celta B (11º) e recibirá na Malata ao Montañeros (8º) e ao Pontevedra (7º). O plantel goza de vacacións ata o domingo pero a directiva traballa con intensidade buscando reforzos no mercado invernal.

O primeiro partido de xaneiro enfrontará ao Racing de Ferrol co Palencia o domingo dia 3. O equipo verde necesita encadenar 2 ou 3 victorias para sair dos postos de descenso e amosar unha clasificación dacorde co  presuposto do club e coas súas aspiracións de rematar a Liga nos postos de ascenso á Segunda División do fútbol. O adestrador Luisito solicitoulle á directiva reforzos no plantel, sinalando que se precisa un dianteiro con gol, un extremo esquerdo e un lateral. O presidente Isidro Silveira baralla tamén a posibilidade de dar algunha baixa entre os xogadores que menos aportan, segundo a opinión do técnico.

 

Deportes