Costas procederá á reparación dun tramo do colector en Praia Xardín

Costas procederá á reparación dun tramo do colector en Praia Xardín

02 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro vén de solicitar a Costas do Estado en Galicia e á empresa Vías e Obras o arranxo de parte do colector recentemente instalado, concretamente un tramo duns 200 metros de lonxitude en Praia Xardín, xa que se detectaron problemas no mesmo. O edil de Obras, Vías e Servizos, Juan Jesús Ares González, explicou que é preciso levantar o colector de saneamento neste tramo xa que, previo á posta en funcionamento, fixéronse

Esta deficiencia pode provocar atascos no funcionamento da rede de saneamento, polo que se optou por levantar este tramo e adoptar as medidas correctoras para que isto non suceda. “Hai un tempo que coñecemos o problema, pero o goberno optou por deixar pasar a época estival para proceder a solucionalo, xa que mentres duren as obras hai que eliminar estacionamentos”, apuntou o Concelleiro. 

O goberno lamenta as molestias que poidan provocar estas obras, “pero o que non podemos facer é recepcionar unha obra defectuosa”, engadiu Juan Jesús Ares.

Sociedade