Críticas á obrigatoriedade de substituir libros en galego

Críticas á obrigatoriedade de substituir libros en galego

25 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Sindicatos e grupos da oposición censuran as medidas anunciadas pola Xunta de Galicia para cambiar libros de texto en galego. Os volumes en galego ainda eran válidos para dous cursos máis pero agora obrígase ás familias a adquirir novos libros en castelán de matemáticas, tecnoloxias e física e química de 3º e 4º de Primaria e dos catro cursos de secundaria, segundo denuncian as organizacións sindicais.

O Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia (STEG) calcula o custo do cambio dos libros de texto en 6 millóns de euros. Esta organización censura ademais que se cargue con máis traballo ás direccións dos colexios "sen ter ningún tipo de información".

O portavoz de Educación do PSdeG PSOE Guillermo Meijón afirma que "é unha frivolidade nestes tempos de crise facer esta falcatruada". O deputado socialista salienta que os anuncios da Consellería van provocar un "caos absoluto" antes do inicio do curso. 

Para a parlamentaria do BNG Carme Adán, "a medida é unha incoherencia con respeito á suposta austeridade que publicita a Xunta, un despilfarro por unha cuestión ideolóxica deste Goberno que quere fóra ao galego das materias de ciencias". 

Cultura