Crebinsky estréase en Ferrol e Marín tras catro semanas de éxito nos cines galegos

Crebinsky estréase en Ferrol e Marín tras catro semanas de éxito nos cines galegos

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Crebinsky afrontará a súa quinta semana na carteleira como unha das películas máis vistas dos cines galegos. A partir de hoxe mantense nas salas da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Carballo e Lugo, e estréase en Ferrol e Marín. Trátase dunha longametraxe 100% galega, rodada en catro idiomas. Conta a singular aventura de Feodor e Mijail, dous irmáns que inician unha busca desesperada na que rematan por atopar o qu

As tribulacións dos irmáns Crebinsky acaban por envolvernos e emocionarnos nesta peza na que se conxugan unha exquisita fotografía, unha coidada ambientación e unha delicada banda sonora. A película, protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, conta cun elenco de luxo formado por Luis Tosar, Celso Bugallo, Patricia de Lorenzo e Farruco Castromán entre outros. Está producida por Control Z, Chévere Visión e Zircocine.   

Crebinsky naceu como curtametraxe no ano 2002 da man do director Enrique Otero. Agora as produtoras galegas Control Z, Chevere Visión e ZircoZine, de novo baixo a dirección de Quique Otero, convértena nunha sorprendente longametraxe, unha das películas máis agardadas do cine galego.

Miguel de Lira (Feodor) e Segio Zearreta (Mijail) son dous irmáns aos que as chuvias torrenciais arrastran cando son pequenos, xunto coa súa vaca Muchka, a un lugar perdido da costa. Illados do mundo e dos acontecementos bélicos que os rodean, crecen ao pé dun faro, sobrevivindo de recoller as cousas que trae o mar, as crebas. Alí crean o seu propio mundo: un universo particular de realismo fantasioso.

O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ao interior, e na que toparán con nazis, falanxistas e soldados ianquis.

Sociedade