A crise, trae novas formas de escravitude?

A crise, trae novas formas de escravitude?

23 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os efectos da crise en materia laboral, centrarán as XIV Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e saúde, que arrincan o mércores 24 de abril en Ferrol, organizadas pola Asociación de Graduados Sociais de Ferrol. O reitor da Universidade da Coruña, Xosé L. Armesto, será o encargado de inauguralas. Esta cita converterá á cidade naval no foro de debate de referencia en materia de prevención de riscos laborais até o vi

Na primeira  xornada,  os  participantes poderán coñecer de primeira man os efectos da crítica situación económica do noso país no ámbito  da educación  universitaria.  Analizaranse  e  cuantificarán  tamén  as consecuencias da reforma laboral sobre o emprego, e as repercusións da crise sobre a prevención  de riscos. Tamén  coñeceremos  cal  é  o  plan  de actividades    do  ISSGA  para este ano, falarase de xubilación e os expertos debaterán sobre se a crise está a provocar a aparición de novas formas de escravitude.  

Nos días sucesivos, a análise dos efectos da actual situación económica sobre o Estado  do  Benestar  e  a  Xustiza  Social  ocuparán  tamén  algunhas  dos    relatorios  e analizaranse que medidas son as máis idóneas para que o sector público actúe como motor de emprego. Representantes  das    administracións  públicas  participarán  tamén  nestes encontros  para  expor  en detalle    cales  son  as  políticas  activas  de emprego que se están adoptando  en España e  máis  concretamente  na  nosa  comunidade  autónoma  para  facer fronte á grave  desaceleración  económica  que  padece  o  país.  Por primeira   vez,  un representante da Armada, exporá os detalles da política preventiva desta institución.
 
Como en cada edición, as XIV Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde reservarán tamén un tempo para o debate en materia ambiental, incidindo nesta ocasión sobre un asunto que preocupa especialmente en Galicia: a contaminación do mar por hidrocarburos.

Sociedade