Cristina Pato en Nova York e en Barallobre

Cristina Pato en Nova York e en Barallobre

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A gaiteira galega Cristina Pato actuará en Barallobre o sábado 4 de xullo, dentro dos actos programados con motivo do 75 aniversario da inauguración do Monumento ao Camiñante Descoñecido. A Liga de Amigos de Barallobre organiza os actos contando coa colaboración da concellería de Cultura de Fene, e do Xacobeo. Esta mesma mañá o Xacobeo confirmou a presencia de Cristina nese concerto en Barallobre, segundo sinalou a Radiofusión o concellei

A gaiteira galega Cristina Pato colabora con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble nos actos do 50ª aniversario do Lincoln Center de Nova York. O concerto, que se celebra hoxe  9 de Xuño no Guggenheim Bandshell do Lincoln Center,  retransmitese en directo pola PBS (a televisión pública estadounidense) no seu programa especial Live From Lincoln Center Series. O concerto inclúe obras de compositores do Líbano, India, Chinesa, Irán, Azerbaiyán e Arxentina; deste país é Osvaldo Golijov, o compositor que escribiu a obra que interpretará Cristina Pato: From Air to Air, obra estreada pola gaiteira e o Silk Road Ensemble no Carnegie Hall en setembro de 2006.

A gaiteira, membro oficial do Silk Road Ensemble, colaborou con esta formación en escenarios como Chicago Symphony Hall, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Carnegie Hall ou o Harman Center de Washington DC. Cristina tamén aparece como artista invitada no último disco de Yo Yo Ma Yo-Yo Ma and Friends; Songs of Joy and Peace (Sony BMG 2008).

Cristina Pato, que na actualidade se atopa en Nova York preparando e gravando o seu cuarto disco como gaiteira, ten previsto realizar a grabación do proxecto SOAS (Rosa Cedrón-voz e cello, Cristina Pato-piano) nos próximos meses, ademais dunha apretada xira estival que comeza no Lincoln Center e que a levará a España (Andalucía, País Vasco, Galicia), Portugal e Francia.

Cristina reside en Nova York desde o ano 2004, ano no que decidiu frear temporalmente a súa carreira profesional para centrarse na súa formación académica e realizar o doctorado co apoio da Fundación Barrié da Maza. Cristina é Doutor of Musical Arts pola Rutgers University e profesora adjunta da NJCU (New Xersei City University).

Sociedade