A culpa foi de Lolo: Marionetas na corda

A culpa foi de Lolo: Marionetas na corda

13 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

É sabido que o Entroido 2015 vai falar de “Corrupción” o tema estrela que ao longo do ano pasado protagonizaron políticos e banqueiros e outras especies sen catalogar. De corrupción tiñan que falar “A culpa foi de Lolo” neste carnaval, como ben deixaron constancia na súa nova aparición nos estudios de Radio Fene en vísporas da gran festa da carne.

Angel García, Manuel Castro e Juan Porto, guitarras e voces en ristre, asomáronse á fenestra para ofrecernos unha man chea de cancións dos anos 70, cancións de guateque e transición e para contarnos cousas da súa visa artística, nos cumples, nas bodas, nos bailes e festas da contorna, como a do Entroido dos próximos días.  

La Guardia, Los Diablos, Formula V...están no seu repertorio.

Sociedade