A cultura indignada e a ovación a Marcos Calveiro

A cultura indignada e a ovación a Marcos Calveiro

10 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O ambiente de indignación cos poderes públicos respirábase na illa de San Simón no transcurso do acto da entrega dos Premios Xerais de novela. "As políticas de leitura en Galicia son case inexistentes" afirmou o director de Xerais Manuel Bragado, quen tamén botou mán da ironía para indicar que coñeceu "tempos mellores". Pero iso foi só a guinda dun "pastel" que antes foran "cociñando" Ma

"Cómpre chamar ás cousas polo seu nome, democracia á democracia real e cleptocracia, ou por usar unha palabra máis sinxela, roubo, a eses organismos internacionais que desgobernan o mundo" apuntou contundente a autora da "Teoría do caos". "A lingua galega é irrenunciable" manifestou Manuel Lorenzo quen reiterou o seu convite aos "soños" nestes "tempos de banqueiros e contables".

A crítica continuou na voz de Marcos Calveiro -Premio Merlín- quen lle adicou palabras "de escarnio", aos que nos "mal gobernan" e se propoñen recortar servizos básicos como a educación, a sanidade ou a atención aos maiores e dependentes. Calveiro realizou unha afervoada, intensa e sentida defensa da escola pública e do maxisterio, que recolleu unha prolongada ovación entre as xentes da cultura que enchían o auditorio do antigo campo de concentración do franquismo.

Sociedade