Díme o que levas e diréiche que río eres

Díme o que levas e diréiche que río eres

03 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ríos tamén son rurais e urbáns, tal e como demostran os resíduos que atopamos neles. O metálico dunha cama, uralitas, escombros, retiraronse do río Baa en Maniños-Fene. O río Cádavo, zona máis urbana, soporta moitas latas de refresco. Unhas 30 persoas limparon as canles fluviais do Cadavo ao seu paso por Fene e o Baa en Maniños, dentro do Proxecto Ríos. Fene sumóuse a esta iniciativa de ADEGA que congregó

Un total de catro equipos distribuíronse entre os dous rios de Fene para recoller toda a porquería que levan e facilitar que a auga se mova alí onde os entullos llos impedían. Case catro horas de traballo obtiveron como resultado a retirada duns 600 Kg, segundo a estimación realizada polas asociacións participantes. A iniciativa en toda Galicia é de ADEGA. En Fene uníuse AETNA e o propio Concello. De feito o equipo que se encargóu da limpeza do Cádavo estaba formado por membros da corporación municipal de todolos grupos políticos. Protección Civil colaborou na xornada.

A limpeza en Maniños coordinabaa AETNA e eran maioría os voluntarios-as desta asociación. Nos locais de AETNA en Maniños reuníronse todos ao final para xantar uns callos en común despois do traballo.  Unha das conclusións que se tiraron da experiencia é que hai que facer desaparecer do río os desaugues que, disfrazados de pluviais, levan moita porquería ao río. Na zona implicáronse no mesmo proxecto, os concellos de San sadurniño e Mañón, e un total d e 37 en toda Galicia. 

Sociedade