Dúas caras moi distintas

Dúas caras moi distintas
03 de Decembro, 2018 - 01:51 h. | Publicada por Radio Fene

Segunda Galicia de fútbol. Perlio 3 - 2 Narahio. O cadro dos Pinares presentou duas caras moi distintas. O Narahio púxose por diante. Con 0-2 chegouse ao descanso. Na segunda metade, os goles de Pocho e Xabi Rioboo protagonizaron a remontada ainda que todo o equipo “remou na mesma dirección” segundo o técnico Chechu Piñeiro. "Foi un labor de todo o equipo, nunca demos o partido por perdido e sacamos isto adiante co empuxe de todos".

ESCOITA O PODCAST:
Perlío 3 - 2 Narahío

O Perlío xa é lider en solitario con nove puntos tras o empate do Valdoviño na súa visita ao Numancia de Ares, pero só van tres xornadas.

Deportes

Publica o teu comentario agora