A dúbida de Pana preocupa no seno do Parrulo

A dúbida de Pana preocupa no seno do Parrulo

21 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O “artilleiro” Pana está tocado. O xogador de Campolongo volve a ter problemas nos abductores e no seno do equipo ferrolán saltaron as alarmas. O futbolista necesita descanso e o míster Mario Cabo podería non convocalo para o encontro do sábado na Malata ante o Azkar B. Pana estivo o ano pasado con tratamento de onda corta na clínica Santa Teresa da Coruña durante varios meses, baixo a dirección do doutor Arriaza. O xogador presenta inflama

Pana de 31 anos de edade é un dos baluartes ofensivos do equipo. O conxunto de Ferrol lidera a clasificación xeral na Primeira Nacional A con 15 puntos e todavía non coñece a derrota cando levamos cinco partidos xogados. A dúbida de Pana é a grande preocupación para o míster vallisoletano cara o encontro ante o filial do Azkar.

Deportes