Damas entre cascallos

Damas entre cascallos
29 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“As damas de Ferrol”. Estrea absoluta esta fin de semana no Jofre dun texto en clave feminista, que pon en escea a compañía Teatro do Noroeste baixo a dirección de Clara Gayo, que revisou esteticamente, vinte anos despois, a obra de Eduardo Alonso.

ESCOITA O PODCAST:

As actrices Mónica Caamaño e Casilda Alfaro dan vida no escenario a Maruxa e Lourdes, ás damas de Ferrol, dúas mulleres maiores da clase alta que atravesan un momento crítico da súa vida. “Viven dos recordos do que foron, entre os cascallos deses recordos poñendo en práctica aquilo de a grandes males, grandes remedios”, resume a directora. Teatro do Noroeste presenta “As damas de Ferrol” no Jofre. Haberá funcións dous días. O venres 1 e o sábado 2 de decembro ás oito e media da tarde.

Cultura

Publica o teu comentario agora