Danza do ventre e Mucha e Nucha en Maniños

Danza do ventre e Mucha e Nucha en Maniños

04 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Parece a festa do Pote" dician algúns dos asistentes á xornada festiva que ao longo de todo o dia viviu Maniños, secundando o programa deseñado pola comisión de festas 2011. As actividades comezaron cunha churrascada a mediodia servida para máis de 300 persoas. Ao longo de toda a tarde, as exhibicións de baile arrincaron os aplausos dos numerosos cidadáns concentrados nas instalacións da asociación O Pote.

O sol espléndido luciu durante toda a xornada e facilitou a asistencia masiva.Ademais das demostracións de baile foi moi aplaudida a actuación duns imitadores das Cantareiras de Ardebullo.

Sociedade