De ABBA a Picasso

De ABBA a Picasso
01 de Xuño, 2020 - 01:17 h. | Publicada por Radio Fene

Musica e textos para traballar a memoria no obradoiro das Tardes Activas "Máis memoria".

ESCOITA O PODCAST:

Pilar Freijomil e Tuni Martínez participaron esta mañá no Obradoiro Máis Memoria da Concellería de Benestar de Fene. A primeira adiviñando as canción de ABBA e Ángela Carrasco propostas polo monitor, Jaime Lendoiro. Tuni Martínez participou no apartado das preguntas que hoxe tiveron a Pablo Ruiz Picasso e a súa etapa na Coruña, a onde chegou coa sua familia en 1891, como protagonista.

Jaime Lendoiro deixou un reto para os participantes do Máis Memoria esta semana. Trátase dunha proba relacionada coa memoria procedimental, quérese decir, aquelas acción que temos automatizado e non precisan pensar, como por exemplo, vestirnos, camiñar ou conducir. O reto é escoller unha desas acción e describila paso a paso.

Institucional

Publica o teu comentario agora