De Fene a Portugal

De Fene a Portugal
23 de Marzo, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Guimarães, Braga e Porto. Tres cidades do Norte de Portugal con moitos atractivos que nos recomenda Ana Rodríguez Loureiro, da axencia de viaxes de Fene Zafiro Tours, para unha escapada de fin de semana. Estreamos Bulebule, espazo semanal sobre viaxes que se emite no programa A Fenestra de Radio Fene 

ESCOITA O PODCAST:

“O norte de Portugal sempre paga a pena”. Por iso seleccionou este destino a experta en viaxes. “Unha proposta para fin de semana que pode ser xeitosiña, cerca da casa, a unhas catro horas. Un destino para ir pola nosa conta ou en viaxe organizada”. Por encargo da Sociedade Agarimo de Sillobre está organizando unha visita de fin de semana a Guimarães, Braga e Porto. Neste caso, a excursión será a fin de semana do 10 e 11 de xuño, en autobús, con saída de Sillobre, facendo noite en Guimarães e con guía. A catedral de Braga, o Santuario de Bom Xesús do Monte, o Castelo de Guimarães, subir no funicular ao santuario da Pena, o patrimonio histórico da cidade do Porto, a zona da Ribeira coas bodegas, a estación do tren…Moito que ver e que gozar neste destino no que o bacallau e o viño do Porto tamén teñen protagonismo por dereito propio

Sociedade

Publica o teu comentario agora