Defensa dos nosos dereitos

Defensa dos nosos dereitos
05 de Xullo, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“Se do BNG depende, Feixóo e a extrema dereita non van gobernar no Estado”. Deixouno claro en Radio Fene o deputado e cabeza de lista do Bloque para o Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Néstor Rego, co que conversamos en Radio Fene coincidindo coa súa participación nun acto político celebrado na praza do Perla, en Perlío, no que tamén interveu o alcalde, Juventino Trigo.

 

ESCOITA O PODCAST:

“É preciso que Galiza estea presente, cos nosos problemas e as solucións que precisan, no debate político no Estado, ese é o noso leit motiv”, destacou Néstor Rego. “Sermos muro de contención da dereita e da extrema dereita e o desbloqueo da axenda galega”, foron obxectivos do BNG para dar o seu apoio á investidura hai catro anos. “Unha parte está cumprida, outra non, por responsabilidade de quen gobernou”. “Na recuperación de dereitos houbo incumprimentos, non se derrogou a reforma laboral, nin a lei mordaza, introducíronse novos recortes nas pensións co aumento do período de cómputo”, critica. “Seguir traballando na defensa dos intereses de Galicia”, remarca Rego, que leva á axenda política temas como Navantia, acabar co illamento de Ferrolterra nas comunicacións por ferrocarril ou o traspaso da AP-9.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora