Denuncian a carencia de axentes da policia local

Denuncian a carencia de axentes da policia local

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O concelleiro do Partido Popular de Redondela, Alberto Pazos, asegura que o cadro de persoal do actual corpo da Policia municipal é insuficiente. Segundo indica, "é practicamente imposible garantir a seguridade nos 52 kilómetros cadrados do territorio municipal nin dos 30.000 habitantes que habitan nos dous núcleos urbanos".

Pazos afirma que o problema agrávase aínda máis pola situación similar na que se atopa o servizo do Grumir, que permanece sen atención durante as 24 horas do días dende o pasado mes de marzo, xa que só tres persoas cobren as emerxencias de protección civil “o que obrigou a suprimir a quenda de noite”.

 

 

Con esta denuncia únense ás queixas presentadas días atrás pola sección sindical da CIG e solicítanlle ao goberno local unha solución inmediata. Critican que o concellerio responsable da Policía local, Eduardo Reguera, non propoña ningunha solución e que “improvise coa contratación temporal de catro auxiliares que seguen a ser insuficientes”.

Sociedade