As denuncias por violencia de xénero estabilízanse, segundo o fiscal Ruíz de Alarcón

As denuncias por violencia de xénero estabilízanse, segundo o fiscal Ruíz de Alarcón

19 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Cando nun xulgado entra unha denuncia por delito de violencia de xénero, toda a súa maquinaria interna ponse a funcionar para resolver esta causa. Dende os funcionarios ao propio fiscal, que abandoa o que estea a facer para ocuparse prioritariamente das denuncias deste tipo. Así o afirmou o Fiscal Xefe do Partido Xudicial de Ferrol, Román Ruíz de Alarcón, no marco da charla que ofreceu baixo o título “Aspectos prácticos da aplicación ac

O Fiscal Xefe de Ferrol referiuse ao ese “estatuto de protección legal e integral” que son as Ordes de Protección como o instrumento de maior defensa da integridade da muller victima de violencia. Ahora ben, é necesario que se dea unha necesidade real de protección, constada no só verbal, senón tamén fehacientemente, para que se dea a orde de protección que só pode ser dictada por un xuiz e logo dun procedimento penal.

Salientou tamén entre as características de protección extrema destas ordes o feito de que moitas das veces dictanse incluso en contra da vontade da víctima, e inclúen como medidas cautelares a prisión provisional en casos de delito grave e o alonxamento que impide ao imputado comunicarse, achegarse  e residir perto da súa víctima.

Pese a todas estas medidas de protección, moitas das veces estas ordes de protección acaban sendo retiradas polas mulleres maltratadas, como medidas cautelares que son. Ruiz de Alarcón achaca este feito á forte dependencia emocional das mulleres respecto dos agresores como factor da meirande parte das retractacións.

O maxistrado, que chegou a Ferrol no ano 2006, afirmou que neste tempo estáse a dar un período de estabilidade no número de denuncias por violencia de xénero na cidade, inda que o desexable sería que a tendencia fose de disminución das demandas. Non en van o propio Ruiz de Alarcón ten manifestado en múltiples ocasións a necesidade “urxente” de que Ferrol conte cun xulgado específico e exclusivo de violencia de xénero.  
 

Sociedade