Deportistas exemplares

Deportistas exemplares
03 de Novembro, 2023 - 04:16 h. | Publicada por Radio Fene

Gala do Deporte de Fene esta fin de semana. O Concello rende homenaxe aos mellores deportistas e clubs este sábado en San Valentín. “Despois de tres anos, xa tocaba e temos moitas ganas de celebrala”, apuntou o concelleiro de Deportes, Adán Chao

ESCOITA O PODCAST:

Homenaxe aos mellores deportistas de Fene, homes e mulleres, este sábado, ás 20 horas no pavillón de San Valentín. A cita retómase logo de tres anos de ausencia polo que, nesta ocasión, os recoñecementos serán para recoñecer os méritos das tempadas 2022-23,  2020-21 e 2021-22. Deportistas individuais e tamén equipos de distintas especialidades recibirán a homenaxe.Tamén a Asociación Por+vida, promotora do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica. En total, entregaranse 114 galardóns a uns trescentos deportistas nunha “gala atípica”. O gran número de homenaxeados dá idea do bo nivel dos deportistas de Fene, destacou o concelleiro. “É indicativo de como está o deporte en Fene”. A asistencia a esta festa do Deporte de Fene, no pavillón de San Valentín é libre.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora