ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Música clásica ou reggae, audiolibros, xoguetes interactivos, lavanda…Son útiles para mellorar o benestar dos cans. A veterinaria etóloga Noemí Graña participou esta semana en Radio Animal. Facilitounos información e deunos recomendacións sobre enriquecemento ambiental para cans.
“Un can que persegue a cola” é un sinal de que algo non vai ben. Pode solucionarse se se colle a tempo, asesorándose para aplicar técnicas de enriquecemento ambiental. “Temos que facelo desde o primeiro minuto que chega o animal á casa, sempre”, asegura Noemí. “Benestar é ter a capacidade de controlar o que che rodea. Enriquecemento ambiental é engadir elementos ao entorno para que os animais, neste caso os cans, poidan facer as condutas propias da súa especie e así teñan control do entorno”. Cando falla ese control, o can pode sufrir frustración e estres. “Moitos problemas de comportamento están asociados a iso”. Son moitas as técnicas posibles: sensorial, estrutural, alimentaria, social… “Os benditos xoguetes interactivos, hai estudos que din que cando comen ou xogan con xoguetes interactivos redúcense condutas negativas de comportamento”. A máis idónea dependerá de aspectos como a idade, a raza e o temperamento da nosa mascota.
Publica o teu comentario agora