Deseñando o estaleiro do futuro

Deseñando o estaleiro do futuro
28 de Novembro, 2023 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis dun cento de investigadores da Universidade e de Navantia, traballan no Centro Mixto de Investigación para o desenvolvemento do estaleiro do futuro. 

 

O CEMI ten o reto de obter a mellor solución ensamblando o coñecemento e a experiencia de perfís diferentes, segundo informou a Universidade da Coruña. O equipo involucrado no programa está formado por 52 investigadores do mundo académico e 47 da compañía pública, ás que habería que engadir outras que se integran nos grupos de traballo a través das subcontratacións necesarias para determinados proxectos. A maioría dos investigadores da Universidade son doutores e doutoras en Física, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Informática ou Enxeñaría Naval e Oceánica e 9 son catedráticos de universidade. 28 investigadores sénior aos que se engaden outras 27 persoas contratadas a tempo completo pola Universidade. Navantia asignou 47 persoas tamén cunha alta cualificación. Titulados e tituladas en Ciencias Químicas, Enxeñaría Naval e Oceánica, Deseño Industrial, Enxeñaría Técnica Naval, Enxeñaría Técnica Industrial en Electrónica, en Mecánica, Enxeñaría de Camiños, Automática ou Telecomunicacións e Enxeñaría industrial.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora