Detido un veciño de Ferrol por estafa bancaria

Detido un veciño de Ferrol por estafa bancaria

03 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Axentes da Brigada de Policía Xudicial de Ferrol-Narón  veñen de deter a un varón de 48 anos, natural de Caracas (Venezuela), e veciño de Ferrol, como presunto responsable dun delito de estafa bancaria denominado “Phising”.

As investigacións inícianse a raíz dunha denuncia formulada nunha Comisaría da localidade menorquina de Ciudadela por parte dunha empresa de seguros desta cidade. Denunciábase que a dita empresa fora vítima dunha estafa, xa que se  realizara unha transferencia bancaria por internet desde unha conta da empresa, sen que ninguén a fixera, por un importe de dous mil novecentos oitenta euros (2980 €).

Os investigadores policiais de Ciudadela que se ocupaban do caso puideron comprobar que se trataba dun cidadán venezolano, que reside en Ferrol e que xa fora detido no mes de novembro de 2010 por funcionarios da Brigada da Policía Xudicial (Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta) da Comisaría de Ferrol-Narón por un delito de estafa bancaria.

Deste xeito, e establecidos os pertinentes contactos policiais, axentes da Comisaría de Ferrol-Narón proceden á localización e detención deste individuo no día de onte.

A estafa denominada no argot policial como “Phising” consiste en apoderarse das claves e contrasinais de acceso á banca electrónica a través de Internet mediante diversos procedementos.

Sociedade