Dez olladas e cen instantáneas de tres décadas de conflito póñense á nosa vista no Auditorio de Galicia

Dez olladas e cen instantáneas de tres décadas de conflito póñense á nosa vista no Auditorio de Galicia

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Desde a Revolución dos Caraveis ata a Guerra de Iraq, pasando polos enfrontamentos fratricidas da década dos 90 na ex Iugoslavia e Ruanda ou polos conflitos enquistados como os de Oriente Medio e o País Vasco. Todo iso, sen esquecer os rostros cubertos das mulleres afgás ou as caras queimadas das de Bangladesh e as nenas pequenas prostituíndose no Brasil. En total, dez particulares

Ata o 22 de novembro poderase gozar desta mostra que se inauguraba hai dous anos en Cataluña. Esta mostra colectiva conta con dez dos fotoxornalistas españois de maior prestixio, a propia Sandra

Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez.

En definitiva, dez olladas de compromiso ao redor de situacións dramáticas impregnadas pola inxustiza, a guerra e a miseria. O obxectivo de Latexos dun mundo convulso é reivindicar a función testemuñal da fotografía como instrumento sensibilizador e transformador da propia realidade.

 

Cultura