A diálise de Pucho Boedo

A diálise de Pucho Boedo
02 de Xuño, 2021 - 01:21 h. | Publicada por Radio Fene

Botamos a continuación a vista atrás. Imos a 1985. O escritor e xornalista Manuel Rivas entrevistaba ao daquela presidente de ALCER (Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril) Coruña Pucho Boedo. O mítico cantante dos Tamara padecía dunha enfermidade do ril e tiña que someterse á diálise. O actual presidente da entidade Rafael Rodríguez coincidiu en ALCER e na diálise con Pucho Boedo. Os avances médicos permiten agora unha mellor calidade de vida. 

ESCOITA O PODCAST:
Pucho Boedo, un mito da música galega

O Teatro Xofre de Ferrol e a rotonda de Freixeiro en Narón iluminaranse de xeito especial esta noite para conmemorar o Dia do Doante. As actividades dixitais centran a xornada. Polas restricións sanitarias a asociación de loita contra as enfermidades do ril, ALCER tivo que renunciar ás mesas informativas que habitualmente instalaba nos centros hospitalarios. Unha persoa despois de morta pode salvar ata sete vidas. En Galicia xa expediron 118.000 carnés solidarios, os carnés de doante de órganos. O trámite para conseguir o carné é algo moi sinxelo, segundo o presidente de ALCER Coruña Rafael Rodríguez. Cada persoa ten dous riles e pódese vivir perfectamente cun único ril. As persoas que doan un ril en vida, son máis lonxevas porque se coidan máis e están máis vixiadas polo SERGAS. Hai unha lista de espera de persoas receptoras. Nun ano van morrer se non reciben un ril. Se hai transplante, melloran a calidade de vida. Doazón en vida ou despois da morte. Son xestos solidarios que dan vida a outras persoas, pero enriquecen tamén ás persoas doantes. Hoxe dous de xuño, Dia do Doante. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora