Diana Gonçalves relata no seu primeiro documental a vida das mulleres da “raia”

Diana Gonçalves relata no seu primeiro documental a vida das mulleres da “raia”

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Co seu primeiro documental Mulleres da raia, Diana Gonçalves quere dar a coñecer a vida dunha xeración de mulleres da fronteira luso-galega que, en tempos difíciles, realizaban intercambios comerciais ilegais para subsistir. A cinta proxéctase ás oito desta tarde no Museo Marco de Vigo.

Diana Gonçalves comezou a interesarse pola historia das mulleres da raia desde nena. A través de conversas coa súa avoa soubo da existencia de aquelas que comerciaban ilegalmente na fronteira. Admiraba a súa valentía e capacidade de sacrificio, ao mesmo tempo que non entendía o porque do esquecemento histórico destes relatos. Así as cousas, cando chegou o momento de estrearse como realizadora, tivo moi claro cal sería o tema da súa obra. Gonçalves asegurou en Radiofusión que co filme non só dá a coñecer a historia doutras mulleres, senón que tamén afonda na procura da súa propia identidade.

Mulleres da raia estreouse no Festival Play-Doc de Tui e boa acollida do filme sorprendeu á directora. Segundo o seu relato, a xente “riu, chorou e pensou durante durante días no visto na pantalla”.

Cultura