Dias de escola

Dias de escola

11 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chegou o día. Comenzou esta mañá o novo Curso escolar nos centros de infantil e primaria, máis o alumnado da ESO inscrito en centros de primaria. En Fene, o novo curso comeza co mantenemento ou un lixeiro repunte da matrícula (524 nos ciclos de infantil e primaria nos catro centros públicos). En xeral o numero de profesores non se move, ou descende se temos en conta que os mestres de apoio se comparten, ás veces entre cinco centros. Ese é o princ

É o caso do Ramo de Barallobre que acollerá este ano 8 alumnos-as máis que no curso anterior. Un total de 90 estudantes  incorporanse ao centro de Barallobre con 12 novos alumnos de 3 anos. Como consecuencia, este curso vólvese desdobrar en tres unidades o ciclo de educación infantil, cun aula propia para 3, 4 e 5 anos. A gran novidade no Ramo chega da man do comedor escolar que este curso xestionará a Consellería de Educación con 10 prazas, escasas porque a demanda ascende a 17.

Sete profesores fixos ten Os Casais, máis tres compartidos (orientadora, mestre de audición e un pedagogo) para atender aos 63 alumnos-as que cursarán os estudos de infantil e primaria no centro de Maniños. Un numero insuficiente que queren ampliar no futuro, segundo a directora, Lorena Pita. Pero non hai mal que por ben non veña, o baixo número de alumnos por aula convírtese nos Casais nun plus de calidade, pola atención peronalizada que poden dar. Cinco alumnos novos de 3 anos incorpóranse por primeira vez ao colexio de Maniños, onde a novidade este curso está no “servizo de madrugadores”, que xestiona a Anpa e que permite a pais e nais compaxinar mellor a vida laboral e familiar, ao permitir a entrada dos pequenos ás 8 da mañá.

O mesmo servizo de madrugadores pon en marcha o colexio Centieiras de Perlío onde a Anpa se encargará de xestionar tamén o comedor escolar onde xantan unha media de dez alumnos e alumnas que, puntualmente, poden ser vinte. Centieiras repite matrícula. Recibe este curso o mesmo alumnado do curso anterior, 208, e 18 mestres. O colexio de Perlío ten o record  de novas incorporacións no ciclo de Educación Infantil: 26 rapaces de tres aniños que se desdobrarán en duas aulas. Por primeira vez en Centieiras, segundo declarou a directora, Carmen Leira, quedaron alumnos sen praza en 3º e 5º de primaria.

A Xunqueira de San Valentín comeza o curso con 17 profesores. Podería ser un máis se prospera a reclamación dunha praza de audición e linguaxe que, segundo o director Ricardo Agulló, é moi necesaria no seu centro e que a Consellería pretende que compartan con outro de Esteiro. A Xunqueira é o único colexio público de Fene que perde alumnos en primaria- 8 - quedando a matrícula en 163, dos que 9 acceden por primeira vez á aula de 3 anos. No ciclo de educación infantil A Xunqueira disporá de tres aulas para 3, 4 e 5 anos,  o que suma un total de 37 alumnos-as de infantil.

Sociedade