Diego Feal, gaita, acordeón e música

Diego Feal, gaita, acordeón e música

27 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un infarto fulminante acabou coa vida de Diego Feal aos 34 anos. Ocurríu o 27 de setembro do 2011, hai hoxe un ano. O músico era membro da charanga “Galiza Sound Machine”. No cabodano da sua morte compañeiros, amigos e amigas, réndiránlle unha homenaxe o sabado 13 de outubro, dende as 19.00h no local de Barallobre- Fene- Vichelocrego. Detrás desa iniciativa están entre outros promotores, Alberto Maceiras, compañeiro de c

De Estimaba que viñeras partiu a idea e por iso Carlos Dominguez encárgase do apartado musical, que abrirá ás 22.00h a charanga Galiza sound Machine. Seguiranlle Alén de Ancos de Ferrol, Estimaba que viñeras e outros amigos músicos como Roberto Grandal, Andrés Cebreiro ou Diego Maceiras.  

Un dos compañeiros de Diego Feal, Alberto Maceiras, lembranos que Diego pasou por varios grupos da comarca, como Orballo, Airiños do Eume ou Roquementroque. “Sempre levaba o acordeón no coche", lembra Maceiras, que celebraba con él os aniversarios porque naceran o mesmo día, aínda que cun ano de diferencia.

O local de Barallobre, Vichelocrego, será o escenario do festival. Alberto Garcia agarda que sexa moita a xente que se achegue á festa-homenaxe, por iso se celebrará na nave de concertos da que dispón o espazo lúdico-gastronómico. 

Sociedade