As distintas capacidades

As distintas capacidades

16 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aspaneps súmase este mércores ao “Mar e ferro” a xornada de reivindicación artística vivida en San Valentín o pasado 15 de marzo. Alumnos e alumnas dos obradoiros da entidade pintarán un mural de dezasete metros de largo ao pé da igrexa de Perlío. Un grupo de artistas, entre os que se atopan Leandro Lamas e Carmen Sendón, colaborarán cos rapaces e rapazas.

O humorista e debuxante Xaquín Marín realizou o deseño do mural. O pintado comezará ás dez e media da mañá.

“Mar e ferro” foi unha xornada reivindicativa da construción naval e ao mesmo tempo de celebración dos trinta anos de comunicación local en Radio Fene. Mañá mércores terá continuidade coa acción de rapaces e rapazas con discapacidades de Aspaneps (Asociación de Pais e Nais de nenos con problemas psicosociais).

Sociedade