Diversión para os máis pequenos da casa

Diversión para os máis pequenos da casa
08 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene organiza este venres 8 de xullo unha festa infantil na praza do alcalde Ramón José Souto González. Serán un total tres horas de animación para os máis pequenos da casa.

Unha festa da escuma, batallas acuáticas e inchables serán os principais atractivos desta actividade enmarcada no ciclo “Xullo, mes da Patria”. Ademais, esta festa infantil organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Fene incluirá diversos xogos e atraccións coma o tiracoios xigante “Tira ao coronavirus”, xincanas, festa “Holy” con pos de cores, taller de maquillaxe e camas elásticas. Os festexos darán comezo ás 18.00 horas e rematarán ás 20.00 horas e terán lugar na praza do alcalde Ramón José Souto González. Para o desenvolvemento desta xornada, o Concello de Fene lembra que non se poderá circular nin aparcar na Avda. do Concello este venres a partir das 16.00 horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora