A diversidade consolídase no Festigal 2009

A diversidade consolídase no Festigal 2009

26 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O espléndido sol e a coincidencia do 24 e 25 de xullo nas xornadas de venres e sábado favoreceu un record de visitantes no Festigal 2009, a feira da cultura, tendencias, música e diversidade que se instalou no campus Sul da Universidade de Santiago de Compostela. Os concertos musicais congregaron a moitos xovenes tanto o primeiro como o segundo día da cita organizada pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova.

No café concerto agotaron os tickets para o despacho de bebidas e tamén o zucre para as caipirinhas. Son 2 exemplos do goteo constante de visitantes que se deixaron caer polo campus de Compostela tanto o venres como o  sábado. Para a organización esta novena edición do Festigal supuxo duplicar o esforzo, dado que as 24 horas de duración efectiva doutros anos, transformáronse neste 2009 en 48 ou en 72.

Radiofusión realizou programas especiais en directo dende o Festigal, tanto o venres como o sábado. Na primeira xornada a música centrou boa parte das intervencións, mentras que na segunda os entrevistados referíronse ao significado do 25 de xullo como Dia da Patria Galega.

 

Cultura