Doña Elvira, feita con amor galego, feita para o mundo enteiro

Doña Elvira, feita con amor galego, feita para o mundo enteiro

13 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha curiosa exposición de botellas de refrescos e licores, que no seu día se envasaron nas fábricas da comarca de Ferrol, amósanse na Sociedade Agarimo de Sillobre. Pertencen á colección particular dun socio da entidade e poderemos vela durante a Semana das letras Galegas. En Ferrol existiron numerosas fábricas de gaseosas tan populares como "Los 15 hermanos", "Pibal" ou "La Pitusa". Hoxe en día só funcionan d

No ano 1970, os veciños de Narón, José Luís Seoane Díaz e Serafín Díaz, establecéronse en San Xulián de Narón cunha fábrica de gaseosas co nome de Bebidas carbónicas"Santa Rita" que máis tarde adquiríu J. Montero. En ferrol existiron, entre outras, as fábricas de gaseosas La Barca, Aullón, Los 15 hermanos e Pibal. Na rua Real de Mugardos estaba a de Zárate e na Ponte de Xubia- na finca de Ribero- ubicabase La Pitusa. Na Mourela La Deliciosa, na vila de Ortigueira La Gareta e na de Cedeira a Arribi.

A familia Alvariño posuía outra fábrica de gaseosas mentras que a da estrada da Fraga de Fene era da familia Vázquez, que logo se trasladou a Perlío e máis tarde se instalou na estrada da Fraga de Maniños, adquirida polos irmáns Servia. Os nomes dos seus refrescos eran La Moderna e Iris. Aínda nos anos 90, Distribuciones Perlío S.A. distribuía entre outras gaseosas, La Casera.

Doña Elvira, feita con amor galego, feita para o mundo enteiro

Capítulo aparte é o dos licores. Destilerías del Noroeste S.A. de Xubia- Narón chegou a comercializar "Licor do Toxo" ata o seu peche. No ano 1977 anunciábase como unha grande novidade a destilación deste licor producido pola maceración da flor de toxo. Por cada litro de producto manufacturado precisábanse 600 gramos de flor. O alecrín dase só cinco meses ao ano, daí que fose difícil abastecer as necesidades.

Ese foi un invento moderno pero a tradición en Xubia e na comarca de Ferrol é a fabricación caseira ou industrial do licor de guinda. En Santa María de Neda destilábanse licores de guindas tan acreditados como "Doña Maruja". O químico Manuel Orosa Vivero, natural de Fene, era o encargado. O almacén de Coloniales fundouse en 1890.

No 1942, o murciano Antonio Mas e Amalia Suárez, instaláron no barrio da Areosa de Narón a sua fábrica de licores La Murciana. A sua guinda denominábase " Doña Elvira". Con nome de muller bautizaron tamén en Destilerías del Noroeste S.L o seu licor de guindas "Doña Elena".

Na actualdiade funcionan na comarca, a pleno rendemento, as destilerías Rivas S.L. en San Xoan-Ferrol; Castro Pena S.A. en Narón, e Candocia en Betanzos.     

Sociedade