Do 1 ao 7 de agosto celebrarase a Semana Lúdica e Deportiva de Fene

Do 1 ao 7 de agosto celebrarase a Semana Lúdica e Deportiva de Fene

03 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude vén de convocar a Semana Lúdica e Deportiva de Fene con distintas actividades que se desenvolverán nas instalacións do CMI Unidade de Fene. A proposta inclúe xogos (de presentación, na piscina, nas zonas verdes), deportes (baloncesto, volei, xynkanas), obradoiros (abelorios) actividades na natureza (marchas, montar as tendas para pasar unha noite de acampadas), excursións,

A Semana Lúdica e Deportiva de Fene celebrarase do luns, 1 de agosto, ao domingo, 7 de agosto. O horario será de luns a venres, de 10.00 a 14.00h. Na xornada do sábado as actividades comezarán ás 16.00 h e logo haberá unha acampada nocturna nas instalacións do CMI Unidade de Fene (ata o domingo ás 12.00 h.).

A actividade diríxese a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos. As inscricións recolleranse nas dependencias administrativas da Comisión de Cultura,  Deportes e Xuventude do 13 de xuño ao 22 de xullo. As 50 prazas cubriranse por orde de inscripción. O custe da actividade ascende a 21,95 euros por nen@.

Para máis información, dirixirse ao Departamento de Cultura, Xuventude e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán dta.). Teléfono. 981-340366. 

Sociedade