Doar médula ósea é máis sinxelo do que parece

Doar médula ósea é máis sinxelo do que parece

03 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta fin de semana falecía o ex selecionador Luís Aragonés de Leucemia. Cando isto lle ocorre a unha persoa famosa, como sae nos medios de comunicación, fáinos reflexionar sobre as enfermidades que como esa teñen unha alternativa. Pode pasar  para moitos enfermos, polo transplante e a doazón de médula ósea. Pasoulle a Cristina Piñeiro, de vintepoucos anos, veciña de Narón, á que lle detectaron un linfoma de

Cristina Piñeiro preside en Ferrolterra a Asociación ASOTRAME que ten por obxectivo conseguir doantes de médula desmitificando o proceso de doazón  que é máis sinxelo do que se cre. O doutor Jacinto Sánchez, coordenador de Transplantes de Galicia, concorda con ela, explicándonos o que debe facer unha persoa para ser doadora.

ASOTRAME vai comezar unha campaña de información entre o colectivo de doantes de sangue, xente de por sí xenerosa, pero tamén queren sensibilizar á xente moza con charlas en colexios e universidade. A idade oficial para ser doante de médula vai dos 18 aos 55 anos, pero é especialmente recomendable a de xente nova entre os 20 e 30 anos.

Cristina Piñeiro declarou estar infinitamente agradecida aos eu doante de quen so sabe que é alemán. E bromea con iso, afirmando que o aleman (o idioma) aínda non se lle pegóu, pero sí o gosto pola cervexa e as salchichas.  

A curación de doenzas como a leucemia, linfoma de Hodgkin, algúns tipos de anemias, aplasias ou mielomas. Cada vez máis enfermidades hematolóxicas requiren dun transplante de medula ósea para a súa curación. En Ferrolterra traballa a Asociación de Transplantados de Médula Ósea.

Sociedade