Domingo de sol en Galicia

Domingo de sol en Galicia

26 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un domingo de sol vive Galicia neste 26 de xullo. O pronóstico meteorolóxico confirma os ceos pouco anubrados ou despexados e temperaturas sen cambios significativos. En Santiago de Compostela o termómetro oscilará entre os 14 graos de mínima e os 25 de máxima. En Vigo, A Coruña e Ferrol os termómetros chegarán a marcar 22 e 23 graos.

A xornada de hoxe continuará marcada polas altas presións e cunha fronte que se irá achegando polo Atlántico, provocando nubes no litoral de Pontevedra e A Coruña que se irán disipando durante a mañá, polo que predominarán ceos pouco anubrados e despexados en toda Galicia.

Segundo a información de MeteoGalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, os ventos serán frouxos de compoñente oeste.

Pola súa banda, as temperaturas non sufrirán cambios significativos. Así, a máxima corresponderá a O Barco e Ourense, con 30 graos, e o resto oscilarán entre os 29 e 21 graos. Polo seu lado, Pedrafita rexistrará o valor máis baixo con 9 graos e as demais moveranse entre os 11 e 15 graos.

Sociedade