Dous millóns de euros para o centro cultural na antiga fábrica da Cros

Dous millóns de euros para o centro cultural na antiga fábrica da Cros

12 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A antiga fábrica de tostado de piritas para a produción de ácido sulfúrico Cros, situada no municipio coruñés de Culleredo, converterase nun centro cultural. Así o anunciaron a conselleira de Política Territorial, María José Caride, e o alcalde da localidade, Xullo Sacristán tras asinar un acordo segundo o cal a consellería financia o novo centro con dous millóns de euros, mentres que o Concello aporta o proxecto t&ea

A Consellería considera importante a recuperación da fábrica por tratarse dun lugar que ''forma parte'' da imaxe de Culleredo. Neste sentido, as características do edificio fano ''apropiado'' para acoller este tipo de equipamiento cultural.

Teatro-auditorio e biblioteca

O primeiro paso para a reconstrución da fábrica consistirá en proceder á descontaminación do chan e consolidar as estruturas do edificio para, posteriormente, proceder á construción do teatro-auditorio e a biblioteca. O custo total estimado para as obras é de 11,7 millóns de euros.

Na súa intervención, Xulio Sacristán recordou que Cros pechou hai 21 anos e sinalou que ''culminan'' dúas décadas intentando recuperar o espazo. Pola súa banda, Caride destacou a importancia do proxecto que posúe a ''dobre utilidade'' de que na súa época ''deu para comer'' e agora converterase nunha ''fábrica de cultura''. Finalmente, ambos anunciaron que nun prazo dun mes sairán a licitación os traballos de descontaminación e adecuación dos terreos que este mesmo ano comezarán as obras.

Sociedade