Dous partidos nun

Dous partidos nun
11 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Primeiro partido nos Pinares desta temporada na Liga de fútbol feminino. O Perlío non puido facerse cos tres puntos. (1-2) Marcador favorable ao Xuventude de Crendes.  Analizamos o sucedido con Carlos Carballo, Vinky, adestrador do Perlío

 

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un partido con dúas partes totalmente diferentes. Na primeira metade fomos claramente superiores. Na segunda metade, cunha xogadora menos por expulsión, foi moi difícil”. Resume o técnico o partido correspondente á Terceira Galicia. Na primeira parte adiantouse o Perlío, cun gol de Judith no minuto 21. “Con once estábamos sendo superiores”. Pero a sorte virou e na segunda metade foi cando marcou os dous goles o Xuventude de Crendes. Despois da expulsión de Antía, no minuto 39, “tal como se desenvolveu, co calor que facía e con dez xogadoras era moi difícil”.

Deportes

Publica o teu comentario agora