Dous titáns en Prados Vellos

Dous titáns en Prados Vellos

21 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Dous titáns dábanse cita nos Prados Vellos de Ares para desputar a final de copa Delegación de Ferrol. E só podía gañar un. O encontro comezou frenético, con ocasions para os dous equipos. Ate o minuto 30 calquera dos dous equipos puido levarse o gato á auga.

Pero foi o Meiras de Sindo Moreira o que se levou a gloria de marcar primeiro. Jose empurrou o balón entre os 3 paos defendidos por Chona. A partir de ahí; os do Concello de Valdoviño crecéronse e impuxeron o seu estilo de xogo e ritmo no partido ata o descanso.

Coa reanudación; o encontro tornou e os dous equipos volvían estar en igualdade de condicións. Pero o Meiras tiña esa mínima renda que quería ampliar. E conseguiuno por mediación de Turu no 56´.

Juan Fernandez lanzou ao seu equipo ao ataque para tentar conseguir empatar a eliminatoria cos trocos de Anton e Alfonso por xogadores da zaga; pero o "caramelo" chegou tarde, no 87´por mediación de John. Logo sería expulsado Rojis por dobre amarelo e o reto poñíase aínda máis costa arriba....

Formoso prolongou 5 minutos que foron insuficientes; ao final o Meiras conseguiu manter o 2-1 e levarse a Copa; que festexou por todo o alto...

Ficha técnica do encontro:

Final da Copa "Delegación de Ferrol"

Meiras 2 - Eume Deportivo 1

Meiras CF: Óscar; Chipi; David (Pablo Leira 68´); Pablo Mesa; Victor; Marcos; Adri; Turu; Eric (Chape 78´); Pitu (Nevot 61´); Jose (Alfonso 75´).
Banco: Alfonso; Marquez; Nevot; Pablo Leira; Chape.
Entrenador: Sindo Moreira.

Eume Deportivo: Chona; Joaquin (Marcos Rubia 74´); Juan; Aceto; Dani; Pirri; Manu (John 80´); Xose (Anton 70´); Rojis; Marcos; Josua (Alfonso 60´).
Banco: Marcos Rubia; Costas; Anton; John; Alfonso.
Entrenador: Juan Fernandez.

Goles: 1-0 (30´) Jose; 2-0 (56´) Turu; 2-1 (87´) John.

Árbitro: Formoso; asistido por Orozco e Eiroa (Ferrol).

Campo: Prados Vellos. Cheo ata a bandeira

Deportes