ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Lobos de Naraío” naceu como proxecto e como empresa hai agora un ano, segundo explicou a Radiofusión o criador e educador canino Yago Ricoy. Na actualidade, a firma traballa en tres ámbitos de actuación: na cría, no adestramento e nas intervencións asistidas con cans (actuacións sanitarias, educativas, ocupacionais e sociais en xeral nas que se emprega un animal como ferramenta terapéutica).
Os beneficios deste tipo de intervencións son moitos, segundo Ricoy. O responsable de “Lobos de Naraío” explicou que se trata de programas persoalizados, en función do colectivo ao que vaian dirixidos. E citou, como exemplo, dúas intervencións realizadas cun grupo de presos, nun centro penitenciario galego, e outra cun grupo de persoas cunha importante diminución psíquica.
Como criador, Yago Ricoy traballa en “Lobos de Naraío” con cans de raza lobo checoslovaco. Asegura que son “moi áxiles e vigorosos, ademais de comunicativos”. Son cans que “interactúan moito con animais e persoas do seu entorno pero pouco con descoñecidos”.
No que se refire ao adestramento de cans (de calquera raza), Ricoy explicou que o seu plantexamento é o da educación en positivo, fronte a outros modelos baseados na presión, o castigo ou a reducción de rango.