Dr. Gringo presentan no Arteria Noroeste o seu primeiro álbum de estudio

Dr. Gringo presentan no Arteria Noroeste o seu primeiro álbum de estudio

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O trío compostelá Dr. Gringo publica este xoves o seu primeiro álbum homónimo. Un traballo con 12 temas de puro rock´n´roll no que a banda comezou a traballar a finais do pasado verán. Coincidindo coa saída á venda da súa ópera prima, a formación fará unha presentación ás n

O álbum Dr. Gringo contén unha ducia de temas, entre eles un instrumental e a adaptación ao inglés dunha canción de Siniestro Total, a favorita de Martín. Tamén colaborou no traballo algún outro músico como o vigués Miguel Costas que aparece nun bonustrack.

Despois desta presentación oficial do xoves, Dr. Gringo iniciarán unha xira por dentro e por fóra de Galicia. O 4 de marzo pasaranse pola Fábrica de Chocolate de Vigo, o 12 polo Aturuxo de Bueu, o 30 de abril polo Pub Gatos de Melide e o 14 de Maio polo disco-club Capital de Ourense.

Dr. Gringo formouse no ano 2008 con membros procedentes doutras bandas. Xunto a Martín Esturao na guitarra e na voz, atopamos a Xacobo Prieto no baixo e nos coros e a Javi Tornado na batería.

Cultura