A DXT incrementa os controis de velocidade nas estradas con máis infraccións

A DXT incrementa os controis de velocidade nas estradas con máis infraccións

10 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) duplica a partir de hoxe os controis de velocidade na rede viaria galega dentro dunha campaña especial que se prolongará ata o vindeiro domingo, 23 de agosto. É a segunda que se efectúa este verán, tralo control de alcoholemia realizado o pasado mes de xullo e contará con 750 axentes nas estradas gal

Segundo a Delegación do Goberno en Galicia, o obxectivo desta iniciativa é “concienciar aos condutores sobre a necesidade de cumprir os límites máximos de velocidade permitida”.

A campaña realízase agora en agosto porque, segundo os datos da DXT, aínda que a velocidade media dos condutores descende ano a ano, nos meses de xullo e agosto esa mesma velocidade aumenta entre 3 e 4 quilómetros por hora. E levar unha velocidade axeitada reduce un terzo os posibles mortos nas estradas.

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, fixo un chamamento á cidadanía para que extreme ao máximo a precaución nos desprazamentos por estrada durante estas datas, co fin de conseguir reducir os índices de sinistralidade.

Os tramos de estrada elixidos para incrementar a vixilancia son aqueles nos que as infraccións son máis frecuentes e, polo tanto, onde o risco é maior. Os controis realizaranse diariamente, na modalidade estática e dinámica, e as denuncias poderán producirse sen notificación inmediata.

Sociedade