E agora circuito de cross

O Concello de Fene recupera unha parcela en desuso de 5.000 m para habilitar un circuito de cross único na comarca.
17 de Xaneiro, 2019 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

A inauguración da nova pista de cross en Barallobre  está prevista para o 2 de febreiro, coa celebración do Campeonato provincial de cross para escolares, nas instalacións fenesas. A parcela, de titularidade municipal, está emprazada nas inmediacións do IES de Fene, en Barallobre, e linda coas recén recuperadas pistas de atletismo.

O Concello de Fene recupera unha parcela en desuso de 5.000 m 2 para habilitar un circuito de cross único na comarca. O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, informa do inicio dos traballos en Barallobre, que levan a cabo operarios municipais. A posta en servizo está prevista para o 2 de febreiro, coa celebración do campeonato provincial de cross para escolares nas instalacións. Fene contará antes de que remate o mes de xaneiro cun circuito de cross duns 5.000 metros cadrados único na comarca. Así o avanzou o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, tras o inicio das obras de acondicionamento da zona. A parcela, de titularidade municipal, está emprazada nas inmediacións do IES de Fene, en Barallobre, e linda coas recén recuperadas pistas de atletismo. Unha e outra infraestructura estarán conectadas e sumarán uns 12.500 metros cadrados para a práctica deportiva no Concello.

Ata o momento, a parcela estaba nunha situación de abandono e sen uso, asolagada polas malas herbas e que os traballos en curso realízanse cun custe mínimo, xa que son operarios municipais os encargados de levalos a cabo. Ademais, segundo explicou o concelleiro de deportes, Fene convertirase no primeiro concello da comarca en dispor dunha infraestrutura municipal adicada en exclusiva á práctica do cross. Na actualidade, estanse a ampliar as sendas que conectan pistas e circuito e, nos próximos días, delimitarase o propio circuito. A intención é concluír os traballos este mes coa vista posta na celebración do primeiro campeonato nas instalacións: o campeonato provincial de cross para escolares, o 2 de febreiro. Seguiralle, o 10 de febreiro, o campeonato galego de veteráns.

Pistas de atletismo

Hai uns meses, Fene recuperaba as vellas pistas de atletismo de Barallobre, habilitando unha pista de 200 metros con seis rúas, así como diferentes espazos para a práctica das diferentes disciplinas de atletismo, dende salto de altura ata salto de lonxitude. Ata ese momento, as instalacións levaban en desuso uns trinta anos, despois de que se construísen a principios da década dos 80 e mantivesen a actividade tan só uns anos. A intención do concelleiro de deportes era satisfacer a demanda crecente deste deporte no municipio, da que dá boa conta a creación do Club Atletismo de Fene hai dous anos. O Concello quere con esta intervención de recuperación das pistas, á que se suma agora o circuito de cross, fomentar o deporte entre os máis cativos, especialmente entre o estudantado do municipio.

Deportes

Publica o teu comentario agora